Aprobado o Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui
O Plan de dinamización da área de rexeneración urbana de interese autonómico, Área Rexurbe, de Tui vén de ser aprobado polo Consello da Xunta de Galicia onte xoves, 25 de xaneiro. Trátase dun instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico e urbanístico, dirixidas a fomentar as políticas de rehabilitación e a mellora dos espazos e equipamentos públicos, e outras que buscan unha reactivación económica, demográfica e social do dito ámbito.