A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 29 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario con 18 puntos na orde do día.
A) PARTE RESOLUTIVA
1. Aprobación da acta da sesión anterior: ordinaria celebrada o 27 de marzo de 2025.
2. Dación de conta do pase do Grupo Mixto a ser concelleiro non adscrito, do sr. José Manuel Palacín Rodríguez.
3. Expediente 4284/2024. Ditame para adxudicación do contrato de SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO CONCELLO DE TUI: PRESTACIÓN BÁSICA E DEPENDENCIA.
4. Expediente 165/2024. Ditame para aprobación da Ordenanza Reguladora de conservación e Rehabilitación de edificios e rexistro municipal de solares.
5. Expediente 2686/2025. Ditame para aprobación do Plan municipal da infancia e a adolescencia.
6. Expediente 2407/2024. Ditame para Bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE VIVENDA”,situada na rúa Cuenca nº 34.
7. Expediente 1318/2025. Ditame para Bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTODE FACHADA E LIMPEZA INTERIOR”, en inmoble situado na .RÚA PRACER Nº 30.
8. Expediente 1669/2025. Ditame para Bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DE CAMBIO DE CARPINTERÍAS EXTERIORES” do inmoble situado na RÚA ANTERO RUBÍN Nº 18.
9. Expediente 1687/2025. Ditame para bonificación do 50% do ICIO correspondente ás obras de “REFORMA INTERIOR E CAMBIO DE CARPINTERÍAS EXTERIORES” do inmoble situado na RÚA SEIXAS Nº 8, 1º.
10.Expediente 1806/2025. Ditame para Bonificación odo 50% do ICIO correspondente ás obras de “CAMBIO DE MATERIAL DE CUBRICIÓN DA CUBERTA (CAMBIO DE TELLA)” do inmoble situado na RÚASAN TELMO Nº 26.
11.Expediente 2110/2023. Celebración do VIII Centenario da consagración da Catedral de Tui. Ditame de aprobación da solicitude de declaración como Acontecemento de Excepcional Interese Público do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui.
12.Expediente 2666/2025. Ditame para aprobación de modificación de créditos 17/2025 - 3 crédito extraordinario.
13.Expediente 2668/2025. Ditame para aprobación de modificación de créditos 18/2025 - 2 Suplemento de Crédito.
14.Expediente 2811/2025. Proposta de RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITOS Nº2 2025 - PERSOAL.
15.Expediente 1518/2025. Proposta de RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CREDITOS Nº2 2025 - FACTURAS.
16.Expediente 2863/2025. Moción do BNG (nº RXE 2025-E-RE-2407 do 26/05/2025). Plan de mellora de zonas verdes e arborado no concello de Tui.
17.Petición remitida por mail o 21/05/2025 á Alcaldía sobre problemática sobre condicións de traballo dos Paradores.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
18.Dación de conta das resolucións ditadas por alcaldía e concelleiras/os delegados/as desde a núm. 2025-0460-de 21.03.2025 ata a núm. 2025-0824 do 26/05/2025.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos