Convocatoria Sesión Plenaria 8/2024 Extraordinaria do mércores, 31 de xullo de 2024
Convocatoria Sesión Plenaria 8/2024 Extraordinaria do mércores, 31 de xullo de 2024
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
Convocatoria Sesión Plenaria 8/2024 Extraordinaria do mércores, 31 de xullo de 2024
O río Miño ao seu paso por Tui será o escenario este sábado, 27 de xullo, do Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e GT6. A proba está organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño
Mañá mércores, ás 12.30 horas, no aparcadoiro dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación dunha cadeira anfibia adquirida polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño.
No acto participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de servizos sociais de Tui, Ismael Diz, a concelleira de igualdade, Ana Mª Núñez, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e a directora da oficina de CaixaBank de Tomiño.
Excelente acollida no primeiro día de apertura de portas do novo Mercado Municipal de Tui, denominado "Mercado de San Antonio". Xa dende primeira hora, tras a apertura dos postos ás 8h, numerosas persoas se achegaron a facer as compras de peixe, carne, ou flores á praza de abastos tudense. Moitas outras quixeron tamén esta mañá coñecer as novas instalacións tras a reforma integral do edificio realizada polo Concello de Tui.
Diversidade e calidade son dúas das características das doce propostas artísticas que participarán nos showcases do MUMI, o Encontro da Música de Galicia e Portugal, que se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro.
Eduardo Ríos González do Colexio Maristas Santa María en Tui, Ana Méndez Saa do CEIP Atín Cela en Mos, Carmen Ledo Carrera do CEIP Antonio Palacios en O Porriño e Zoe Gil Oya do CEP Altamira de Salceda de Caselas foron os catro gañadores do Concurso de Debuxo Infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro.
Mañá martes, 9 de xullo, ás 11:30 h ES presentarase un avance da programación do V ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA GALICIA-PORTUGAL, MUMI 2024. O acto terá lugar na Pousada da Fortaleza de Valença.
Mañá mércores, 3 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación oficial do X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, proba deportiva organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, que terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 7 de xullo.
O sábado, 29 de xuño, ás 19 h, celebrarase na Alameda de San Domingos celebrarase o Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas
Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica coa colaboración do Concello de Tui
O Concello de Tui ten recuperado estes días as pegadas dos peregrinos que sinalan o tránsito entre España e Portugal na Ponte Internacional. Unha iniciativa da Cámara Municipal de Valença de hai xa varios anos e que polo desgaste do paso de peóns e peregrinos por este lugar tiña perdido practicamente a súa visibilidade.
A intención dos municipios tudense e valenciano é simbolizar con estas pegadas un dos atractivos do Camiño Portugués, como é o seu percorrido por dous países.