Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

O Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio de Augas do Louro xa ten gañadores e finalistas

Undefined

Eduardo Ríos González do Colexio Maristas Santa María en Tui, Ana Méndez Saa do CEIP Atín Cela en Mos, Carmen Ledo Carrera do CEIP Antonio Palacios en O Porriño e Zoe Gil Oya do CEP Altamira de Salceda de Caselas  foron os catro gañadores do Concurso de Debuxo Infantil convocado polo Consorcio de Augas do Louro.

Presentación do X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá mércores, 3 de xullo, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación oficial do X Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, proba deportiva organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, que terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 7 de xullo.

Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas

O sábado, 29 de xuño, ás 19 h, celebrarase na Alameda de San Domingos celebrarase o Acto conmemorativo do XXV aniversario da inauguración do monumento á memoria aos represaliados de Silverio Rivas

Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica coa colaboración do Concello de Tui

O Concello de Tui recupera as pegadas dos peregrinos na Ponte Internacional

Undefined

O Concello de Tui ten recuperado estes días as pegadas dos  peregrinos que sinalan o tránsito entre España e Portugal na Ponte Internacional. Unha iniciativa da Cámara Municipal de Valença de hai xa varios anos e que polo desgaste do paso de peóns e peregrinos por este lugar tiña perdido practicamente a súa visibilidade.

A intención dos municipios tudense e valenciano é simbolizar con estas pegadas un dos atractivos do Camiño Portugués, como é o seu percorrido por dous países.

Tui ilumínase de verde e morado para visibilizar o ELA e a Síndrome de Dravet

Undefined

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que ten lugar mañá venres, 21 de xuño, e do Día Internacional da Síndrome de Dravet, que ten lugar este domingo, 23 de xuño.

Para iso, a fachada da Casa do Concello iluminarase de verde esta noite e de morado o domingo 23. Desta forma, o municipio únese á visibilización destas enfermidades e mostra o seu apoio ás persoas que as padecen e ás súas familias.

Tui continua coa mellora das instalacións deportivas inaugurando os novos vestiarios do pavillón do CEIP de Guillarei

Undefined

O Concello de Tui continua coa súa aposta polo mantemento e mellora das instalacións deportivas do municipio. Onte á tarde tivo lugar a inauguración dos novos vestiarios do CEIP de Guillarei, dos que poden gozar xa tanto o alumnado do propio centro educativo coma os e as deportistas do Club Balonmán Tui, CPA Ribex, Club Bádminton Tui, Club Tenis Tui, A Quinta de Tui FS e A Gándara F.S. que adestran nestas instalacións.

A corporación tudense celebrar mañá venres pleno extraordinario e urxente

Undefined

A corporación municipal de Tui reunirase mañá venres, 21 de xuño, en pleno de carácter extraordinario e urxente ás 19 h no salón de plenos da casa do concello. A orde do día é a seguinte: 

A) Parte resolutiva:

1º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia relacionada co punto segundo.

2º. Expediente 1577/2024. Orzamento xeral 2024.

3º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia relacionada co punto cuarto.

4º. Expediente 1978/2024. Modificación crédito nº 14. Suplemento de crédito nº 2/2024.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía