Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui acende este sábado o Nadal

Undefined

Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30 h o seu Nadal. Será co simbólico acto de acendido do alumeado de Nadal que se desenvolverá na praza da Inmaculada. Máis de 506 mil bombillas led e máis de 4 mil metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia.  O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.

A corporación municipal celebra a sesión 11/2024 de pleno ordinario este xoves, 28 de novembro

Undefined

A corporación municipal de Tui reunirase en sesión plenaria, a 11/2024, este xoves, 28 de novembro,ás 20 h no salón de sesións da casa do concello coa seguinte orde do día: 

A) PARTE RESOLUTIVA 

1. Aprobación de actas de sesións anteriores: ordinaria de 26.09.2024 e extraordinaria celebrada o 30.10.2024. 

2. Toma de posesión de D. Adrián Vila Rodríguez do cargo de concelleiro da Corporación Municipal de Tui.

Tui alza a voz contra a violencia de xénero

Undefined

Tui reforza, nunha data tan sinalada coma o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o seu compromiso coa igualdade e coa loita contra violencia de xénero. Así queda reflectido no programa que se está a desenvolver baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machistas”, cun amplo abano de actividades nas que aposta pola educación, a formación e  información, para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

Tui recoñece o labor dos tres voluntarios de Protección Civil que estiveron en Valencia

Undefined

No Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui tivo lugar hoxe a recepción aos tres voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Tui  que formaron parte do operativo de emerxencias desprazado a Valencia tras a DINA.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación municipal, recibiu a Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi, como xesto de agradecemento e recoñecemento ao seu labor de apoio ao pobo de Valencia.

Recepción aos tres voluntarios de Protección Civil que formaron parte do operativo galego de emerxencias nas zonas afectadas pola DINA en Valencia

Undefined

Mañá venres, 22 de novembro, ás 12 h, na casa do concello terá lugar unha recepción aos tres membros da Agrupación de Voluntarios de Protección de Civil de Tui, Óscar Rovira, Ali Prieto e José Carlos Amandi, que formaron parte do operativo de emerxencias que se desprazou á zona afectada pola DINA. Deste xeito recoñecerase o labor de apoio ao pobo de Valencia, en concreto do municipio de Alfafar,  que sufriu o pasado o pasado 29 de outubro, as consecuencias da DINA.

O alcalde de Tui reuniuse co bispo da Diocese para abordar a conmemoración do 800 aniversario da Catedral

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, mantivo onte, na sede da diocese de Tui-Vigo, unha reunión de traballo co bispo Antonio Valín Valdés. O principal obxectivo foi abordar os preparativos do programa conmemorativo do oitavo centenario da Consagración da Catedral de Tui que terá lugar en 2025. Precisamente por este motivo no  Concello de Tui creouse unha comisión de traballo integrada por diferentes organismos e entidades, que traballa nas actividades a realizar con motivo desta data tan destacada.

Este sábado, tras unha excelente acollida, clausúrase a mostra “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega. Tui 1968”

Undefined

A “A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968” inaugurada o pasado 27 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui chega a súa clausura, este sábado 16 de novembro, logo dunha excelente acollida tanto por parte do público como polos medios de comunicación.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía