O Concello de Tui reduce o desemprego a mínimos históricos grazas ao seu compromiso coa formación e o emprego
O Concello de Tui rexistrou no mes de agosto unha cifra histórica no nivel desemprego acadando o dato máis baixo da última década. Así pasou do 28,64% en 2014 ao 11,99% en 2024. Segundo os últimos datos, referidos ao mes de agosto, en Tui están inscritas nos servizos públicos de emprego 963 persoas.
A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, amosa a súa satisfacción por este notable descenso do desemprego no municipio, destacando o bo resultado das políticas activas de emprego que se están impulsando dende o Concello.





