Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Pleno extraordinario para o sorteo dos membros das mesas electorais do 9X

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará o próximo luns, 13 de maio, ás 10.30 h sesión plenaria extraordinaria cun único asunto a tratar

Único punto. Designación, mediante sorteo, das persoas que integrarán as mesas electorais correspondentes á elección de deputados e deputadas ao Parlamento Europeo convocadas para o vindeiro 09 de xuño de 2024. Proposta de Alcaldía, de data 08/05/2024

Convocatoria sesión 5/2024

Tui recibirá 291 mil euros do FEDER con cargo ao proxecto Fortalezas Abaluartadas

Undefined

Tui vai recibir 291.175,50€ de fondos europeos FEDER para a recuperación do baluarte do Diaño da muralla . Trátase do 75% do investimento previsto que ascende a 388.232,67€.

Tui é un dos cinco municipios que forman parte do proxecto “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da Raia”, xunto aos portugueses de Valença, Almeida e Marvão e o español de Ciudad Rodrigo.

Este proxecto suporá o investimento total de 1.199.203,50€ dos que 899.402,62 será financiados a través do fondos FEDER a través do programa Interreg España-Portugal.

A corporación municipal de Tui celebra mañá pleno extraordinario urxente

Undefined

Mañá martes, 7 de maio, ás 20 h a corporación municipal de Tui celebrará pleno extraordinario urxente. 

ORDE DO DÍA

A) Parte resolutiva:

1º. Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da sesión.

2º. Expediente 139/2024. Proposta de acordo de Resolución do Contrato de concesión de obra pública parking subterráneo entra las calles Ourense y Compostela (Expdte. 2705/2019)

Presentación da Final a 4 Cadete de Balonmán

Undefined

O próximo luns, 29 de abril, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación da Final a 4 Cadete masculina e feminina de balonmán, que se disputará os días 4 e 5 de maio, no pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez de Tui, organizado pola Federación Galega de Balonmán, en colaboración co Concello de Tui e o Club Balonmán Tui.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López e o presidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez.

Presentación da 20ª edición de Play Doc

Undefined

Mañá xoves, 25 de abril, ás 12 h no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación da 20ª edición de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui.

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o guionista, escritor e produtor, Pepe Coira, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Play Doc celebrarase do 1 ao 5 de maio en Tui.

Quince persoas fórmanse en limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais

Undefined

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui en Guillarei está acollendo un curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais cun total de 248 horas lectivas. Esta acción formativa está financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Consulta do Censo Electoral para as elección europeas do 9 de xuño

Undefined

Do luns 22 ao luns 29 de abril pódese consultar o censo electoral que estará vixente nas Eleccións ao Parlamento Europeo convocadas para o 9 de xuño de 2024. As persoas electoras poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral por medios informáticos, previa identificación da persoa interesada.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía