Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

 

 

 

A Praza da Inmaculada acolle unha feira editorial dentro da programación da TuidCon HispaCon

Undefined

A literatura fantástica será protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración da  TuidCon HispaCon 2026, a convención nacional de Pórtico, a Asociación Española de Fantasía, Ciencia-Ficción e Terror.  Na ampla programación prevista, con máis de 40 actividades, figura unha feira editorial na praza da Inmaculada.

Até o 19 de outubro consulta do censo electoral para as eleccións do 29N

Undefined

Do 12 ao 19 de outubro as persoas electoras poden consultar os seus datos de inscrición no censo electoral que estará vixente nas elección xerais convocadas para o 29 de novembro. 

É de especial interese a consulta dos datos por parte das persoas que veñen de cumprir 18 anos e aquelas que mudaron de domicilio recentemente, para comprobar que os seus datos figura correctamente.  

A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación da persoa interesada con DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

Coloquio internacional ‘O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha singular ruta xacobea’

Tui acollerá o xoves 5 e o venres 6 de novembro o coloquio internacional ‘O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha singular ruta xacobea’. Este evento reunirá na cidade a investigadores, estudosos de universidades de Galicia e Portugal, hospitaleiros, representantes das asociacións de Amigos do Camiño e especialistas de diferentes ámbitos do coñecemento.

O incremento das frecuencias e a mellora das comunicacións co hospital e o CUVI son parte das alegacións do Concello de Tui ao proxecto de explotación do transporte público

Undefined

Mellorar a situación do transporte en Tui e na comarca do Baixo Miño dando reposta ás necesidades das persoas usuarias é o obxectivo das oito alegacións presentadas polo Concello de Tui ao proxecto de explotación do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada XG859 – Leste das comarcas do Baixo Miño e Vigo e termos municipais da Guarda, Mos, O Porriño, O Rosal, Tomiño e Tui, que está en información pública. 

Tui consolida o seu crecemento turístico e reforza o seu posicionamento como destino cultural e porta do Camiño Portugués

Undefined

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Turismo, que se conmemora hoxe domingo 27 de setembro, o Concello de Tui reivindica o turismo como unha oportunidade para poñer en valor o patrimonio, reforzar a identidade da cidade e xerar actividade económica e emprego. 

Tui avanza na recuperación do patrimonio municipal coa rehabilitación do antigo edificio dos Xulgados da Praza da Inmaculada

Undefined

O Concello de Tui continúa avanzando na recuperación e posta en valor do patrimonio municipal coa finalización da primeira fase da intervención no antigo edificio dos Xulgados da Praza da Inmaculada, un inmoble de singular valor arquitectónico que o Concello está a recuperar por fases para incorporalo plenamente ao patrimonio público útil da cidade.

SEAGA inicia en Tui a limpeza subsidiaria de parcelas por incumprimento da xestión de biomasa.

Undefined

O Concello de Tui informa que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., SEAGA, ven de iniciar no termo municipal as actuacións de xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas naquelas parcelas incluídas na resolución da orde de execución subsidiaria do pasado 13 de marzo de 2026. Estas intervencións realízanse de xeito subsidiario tras constatarse o incumprimento das obrigas de limpeza por parte das persoas propietarias das fincas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía