SEAGA inicia en Tui a limpeza subsidiaria de parcelas por incumprimento da xestión de biomasa.
O Concello de Tui informa que a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., SEAGA, ven de iniciar no termo municipal as actuacións de xestión de biomasa e a retirada de especies arbóreas prohibidas naquelas parcelas incluídas na resolución da orde de execución subsidiaria do pasado 13 de marzo de 2026. Estas intervencións realízanse de xeito subsidiario tras constatarse o incumprimento das obrigas de limpeza por parte das persoas propietarias das fincas.




