Guía de Separación de Residuos

Guía de Separación de Residuos
Esta publicación, elaborada polo Concello de Tui, ten por obxectivo aportar, de xeito sinxelo e visual, información sobre onde depositar os distintos tipos de residuos. Ao longo das páxinas desta publicación resólvense tamén as dúbidas que poden xurdir sobre o lugar correcto para depositar determinados residuos. Os envases de vidro, os lixeiros, papel e cartón, aceite de cociña usado, contedor verde, residuos vexetais, punto limpo e roupa son os apartados nos que se estrutura a guía indicando de forma visual que se debe depositar e que non en cada un dos contedores de recollida selectiva para lograr desta forma unha axeitada xestión do lixo.
Áreas:
Medio Ambiente