O Concello de Tui entregou máis de 350 trampas e 700 doses de atraínte para loitar contra a vespa velutina
O Concello de Tui está comprometido na loita contra a vespa velutina, ante as adversas consecuencias que ten esta especie invasora.
O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural. O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.
O Concello de Tui está comprometido na loita contra a vespa velutina, ante as adversas consecuencias que ten esta especie invasora.
O Consorcio de Augas do Louro presenta o xemelgo dixital da rede de abastecemento. Trátase dunha copia nunha contorna dixital da rede de abastecemento de auga real que conforman os concellos de Tui, Salceda de Caselas, O Porriño,e Mos e que permite analizar o funcionamento de toda a rede detectando problemas, á vez que incorpora escenarios futuros representando o seu comportamento hidráulico.
O Consorcio de Augas do Louro vén de iniciar as obras de construción dunha instalación de enerxía solar fotovoltaica na EDAR de Guillarei, en Tui. Trátase dunha planta para autoconsumo de 420 kWp de potencia que contará con máis de 2.000 metros cadrados de paneis distribuídos en catro zonas.
A primeira situarase no chan sobre unha zona axardinada mentres que as outras tres situaranse sobre as cubertas do edificio de control e dos edificios de pretratamento e de tratamento de lodos.
O Consorcio de Augas do Louro vén de adquirir unha nova bomba de impulsión de auga potable e un novo motor eléctrico de alta eficiencia enerxética para renovar unha das catro bombas existentes na captación de auga do río Miño.
O Consorcio de Augas do Louro, que integra aos concellos de Tui, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos, vén de realizar a inspección da tubaxe que permite a toma de auga do río Miño e do pozo de bombeo que impulsa a auga ata a estación potabilizadora de As Chans, en Randufe.
Once alumnos e alumnas do curso de Mestría en Compostaxe que está a impartir Composta en Rede, entidade á que está adherida o Concello de Tui, realizaron o pasado sábado na cidade as prácticas correspondentes a esta formación. Tui é unha das catro localidade españolas na que se realizan esta parte práctica do curso de nivel 3 dirixido a persoal técnico no ámbito medioambiental que queira formarse ou ampliar a súa formación técnica no ámbito da compostaxe. Esta actividade formativa ten lugar entre o 21 de marzo e o 31 de maio.
O Consorcio de Augas do Louro, do que forma parte o Concello de Tui, xunto aos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas, vén de renovar os sistemas de iluminación na EDAR de Guillarei. En concreto foron substituídos todos os farois exteriores, tubos e proxectores existentes por outros de tecnoloxía led de baixo consumo. A actuación levouna a cabo Aqualia dando cumprimento ao acordo adquirido co Consorcio.
O Concello de Tui reactivou este mes de marzo a campaña de prevención da vespa velutina, que nesta época do ano busca espazos onde asentar os seus niños. Por iso, e aínda que non sexa o tempo onde aparecen en máis fogares, é agora cando se establecen nun lugar para os meses de verán mentres a vespa raíña hiberna.
Tui acada o medio millar de composteiros individuais entregados ao longo do termo municipal. Hai uns días eran dúas persoas de Randufe as que recibían o composteiro número 500 dentro da campaña “Cada fogar co seu composteiro”. O concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, fixo a entrega deste composteiro facendo fincapé na importancia de reducir o lixo que vai ao contedor verde, e reciclar a maior parte posible do mesmo, neste caso os restos orgánicos.