Tui presenta un PACES con 29 medidas para reducir as emisións de CO2 nun 40% en 2030
O pasado 19 de novembro presentouse na casa do concello de Tui o “Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)” realizado pola consultora Eptisa. O proxecto estivo subvencionado ao amparo das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sostible.
O documento comenza coa caracterización xeral do municipio recollendo a súa estructura, actividades económicas, infraestruturas viarias, hidroloxía, espazos naturais protexidos, montes veciñais en man común, saneamento e abastecemento de auga e xestión de residuos.





