Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Minuto de silencio mañá ás 12 h en memoria dos falecidos pola COVID-19

Undefined

Mañá xoves, 28 de maio, ás 12 h, gardarase un minuto de silencio, na praza do Concello, en memoria dos falecidos a causa da pandemia ocasionada pola COVID-19.

Deste xeito o Concello de Tui súmase á proposta do goberno que no Consello de Ministros deste martes, 26 de maio, aprobou a convocatoria de dez días de loito oficial – até o 6 de xuño - polos falecidos a causa da pandemia ocasionada pola COVID-19.

Dende o luns solicitarase cita previa para a atención presencial en todos os departamentos municipais

Undefined

A partir do próximo luns, 18 de maio, ponse en marcha un sistema de cita previa para a atención presencial en todos os departamentos do Concello de Tui. As persoas que precisen realizar calquera xestión deberán solicitar previamente cita ben por correo electrónico ou por teléfono.

O Concello de Tui continua a manter a boa parte do persoal en teletraballo, aínda que a partir do luns haberá en traballo presencial unha persoa por departamento, establecendo en todos eles as medidas sanitarias recomendadas.

Estes xoves reabre a Biblioteca Municipal para préstamo de libros

Undefined

Este xoves, 14 de maio, terá lugar a reapertura da Biblioteca Pública Municipal de Tui na Área Panorámica. Será só para o servizo de préstamo e lectura en sala das obras previamente solicitadas.  O seu horario será de luns a venres de 9 a 13 h.

Os usuarios que se acheguen á Biblioteca deberán levar máscara e preferentemente luvas. No acceso haberá xel hidroalcólico ao seu dispor.

Tui pon en marcha unha plataforma de venda on line para o comercio local

Undefined

O Concello de Tui ultima posta en marcha dunha plataforma de venda on line para o comercio que reúna nunha mesma tenda dixital todos os produtos que ofrecen os establecementos locais. Trátase dunha das medidas acordadas pola corporación municipal dentro do Plan de Reactivación Económica para apoiar ao comercio local e contribuír a paliar os efectos provocados pola crise da COVID-19. O concello de Tui financia e pon en marcha esta nova ferramenta coa que adaptarse aos novos tempos e aos novos hábitos de consumo e apostado pola profesionalización e a competitividade.

Tui permitirá ampliar terrazas e anula a taxa de ocupación

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro anunciou no día de hoxe ao sector hostaleiro e de restauración do municipio a exención das taxas das terrazas a todos os establecementos desde o inicio da declaración do Estado de Alarma e durante o tempo que se manteña esta situación extraordinaria. Esta decisión foi acadada no seo da corporación municipal.  Esta medida acompañarase ademais, da posibilidade de ampliar os espazos ocupados polas terrazas para facilitar así o cumprimento das recomendacións de distancias entre mesas e evitar a redución da capacidade na medida do posible.

O ORAL devolverá o importe do recargo dos recibos abonados durante o Estado de Alarma

Undefined

O periodo voluntario para o pago das taxas municipais que remataba o 6 de abril, quedou aprazado até novo aviso debido á declaración do estado de alarma.

Por este motivo dende o ORAL informa que as persoas que tiveran aboado as taxas con recargo lles será devolto o importe do recargo.  As persoas que desexen realizar o pago agora mesmo sen recargo poden dirixirse ao 886 21 14 00, de luns a venres de 9 a 14 h, solicitando que lle envíen o recibo correspondente co pago ampliado.  Tamén se poden aboar as taxas unha vez finalice o estado de alarma.

A modificación de Ordenanza de Emerxencia Social permite establecer axudas económicas directas

Undefined

Debido a necesidade detectada durante o estado de alarma de poder axudar ás familias cunha achega económica directa para a compra de alimentos procedeuse á modificación da Ordenanza Municipal de Axudas de Emerxencia Social. Tras ser aprobada no pleno extraordinario celebrado o pasado 16 de abril hoxe vén publicada no BOPPO a modificación desta ordenanza.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Covid-19