Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Estase a elaborar unha listaxe dos comercios abertos ou con entrega a domicilio e dos servizos que ofertan

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, comezou a elaborar confeccionar unha listaxe dos comercios locais que durante este Estado de Alarma continúan a prestar os seus servizos, ben con atención ao público, coma na modalidade non presencial co servizo de encarga por teléfono ou web, e reparto a domicilio.

QuebracabezasTui

Undefined

Adiviña que imaxe se esconde baixo o quebracabezas

O Concello de Tui, a través da concellería de Cultura e a Radio Municipal de Tui, lanza o Quebracabezas Tui. Trátase dunha iniciativa que busca por unha parte unha proposta de lecer nesta época de confinamento e por outra tamén a promoción turística da cidade. 

Mañá realizaranse os test por COVID 19 aos membros da Policía Local

Undefined

Un equipo do SERGAS desprazarase mañá até Tui para realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no test.

Recursos para a teleformación

Undefined

Este tempo de confinamento debido ao Estado de Alarma decretado para previr o contaxio do coronavirus COVID 19 pode ser aproveitado para completar o perfil curricular. Dende o departamento de Formación do Concello elaboraron esta listaxe de recursos de formación on line, que pode axudar a seguir medrando persoal e profesionalmente. 

O Concello de Tui agradece o envío de material por parte das administracións e as doazóns de particulares

Undefined

O Concello de Tui está a recibir material de protección tanto das distintas administración coma de persoas voluntarias e empresas que logo distribúe entre os propios servizos municipais, centro de saúde, residencias de maiores, farmacias, supermercados da localidade. 

Así por unha parte esta semana o Concello recibiu 350 unidades de mascarillas cirúrxicas, 6 botes de 500 me de xel hidroalcohólico, 1 garrafa de 5 litros de deseinfectante clorado, 12 traxes antisalpicaduras e 60 batas protectoras enviadas pola Xunta de Galicia. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Covid-19