Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe ponse en marcha na web municipal a Oficina COVID cun servizo de información e asesoramento para PEMES, autónomos e persoas traballadoras

Undefined

O Concello de Tui pon en marcha no día de hoxe a Oficina COVID a través da web municipal tui.gal. Trátase dun servizo específico de información e consultas relacionado coa actual situación derivada do estado de alarma polo COVID-19 dirixido a PEMES, autónomos e persoas traballadoras. Esta é unha medida acordada por unanimidade polos grupos municipais da corporación tudense.

Suspendidos os eventos públicos culturais e deportivos até o 30 de xuño

Undefined

O Concello de Tui suspende todos os eventos públicos culturais e deportivos, organizados polo propio concello, até o 30 de xuño. Do mesmo xeito continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, coma a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.

XI Tui Le

Undefined

Arredor da celebración do “Día do Libro” as bibliotecas  escolares de Tui xunto coa Biblioteca Municipal de Tui e de Valença celebran anualmente unha festa do libro e a lectura que reúne a máis de 1500 alumnos. Habitualmente celébrase na praza de San Fernando, pero este ano debido á pandemia do COVID19 e ao confinamento que debemos gardar artellouse a súa celebración on line. 

Participan as bibliotecas escolares dos CEIP's nº1, nº2, Pazos de Reis e  Rebordáns, do Colexio Maristas Santa María e do IES San Paio.

Estes son os seus vídeos: 

As Bibliotecas Escolares de Tui celebra on line a XI edición de Tui Le

Undefined

Tui Le” cambia este ano de escenario e desenvólvese en internet  e nas redes sociais. As bibliotecas escolares do concello de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tanto de Tui como de Valença tiñan previsto celebrar mañá venres, 24 de abril, a undécima edición de “Tui Le”, a festa anual que arredor do Día do Libro, na Praza de San Fernando reunindo a máis dun milleiro de rapaces para festexar o libro e a lectura.

A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día do Libro – Tui Le coa distribución de libros no mercado municipal

Undefined

. A Biblioteca Pública Municipal de Tui promove unha iniciativa para achegar os libros á cidadanía co gallo da celebración mañá xoves, 23 de abril, do Día do Libro, unha data para a que estaba programada a undécima edición de “Tui Le”, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense (unha iniciativa á que este ano tiña previsto sumarse tamén a Biblioteca Municipal de Valença).

Aprobada a modificación da ordenanza de emerxencia social para poder ingresar en conta a axuda para compra de alimentos

Undefined

O Grupo de Goberno informa das decisión tomadas no pleno extraordinario celebrado no día de onte, un pleno esencialmente de contido económico que tiña como fin fundamental a reordenación da xustificación das axudas aos afectados pola explosión do barrio da Torre de Paramos, a modificación da Ordenanza de Emerxencia Social, o pago da débeda a provedores e a aprobación da sinatura do Convenio coa Confederación Hidrográfica Miño - Sil para a execución da pasarela sobre o Río Louro.

Ás 20 h pleno extraordinario emitido en directo pola RMT

Undefined

Ás 20 h a corporación municipal de Tui celebra pleno de carácter extraordinario. Dado o actual estado de alarma o pleno celebrarase a porta pechada, e no mesmo seguiranse as medidas indicadas para a prevención do contaxio por COVID 19. Redistribuirase a colocación dos membros da corporación para gardar a distancia recomenda entre eles, e se proporcionará luvas e mascarillas no acceso.  

Son 18 os puntos que conformar a orde do día. A sesión poderá seguirse en director a través da Radio Municipal de Tui. 

Información sobre Emprego

Undefined

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO - OFICINA DE TUI

  • Teléfonos de información e consultas para demandantes de luns a venres de 9 a 14 h 886 110 777 ou 886 110 781 
  • Correo electrónico: oficina.emprego.tui@xunta.es
  • Os demandantes que  fan solicitude de prestación ou subsidio non necesitan activar a demanda de emprego, o SEPE envías  os seus datos e na oficina realizan a tramitación de oficio. Cando sexa posible remitirán a tarxeta de demanda aos seus enderezos da persoa demandante.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Covid-19