Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Servizo de encarga na Praza de Abastos de Tui

Undefined

A Praza de Abastos de Tui continua a ofrecer produto fresco cada día de luns a sábado. As praceiras e os praceiros adoptaron as medidas de seguridade indicadas polas autoridades competentes frente ao COVID19.

Agora poñen a disposición dos clientes un servizo de encarga por teléfono para evitar así os desprazamentos e que a permanencia na praza sexa durante o menor tempo posible. Deste xeito realízase a encarga por teléfono e recóllese unha vez estea preparada.

Algúns deles ofrecen tamén o servizo de entrega a domicilio.

O Concello de Tui aconsella a tramitación telefónica ou telemática, sempre que sexa posible, cos distintos servizos municipais

Undefined

O Concello de Tui, coma medida preventiva do COVID 19,  aconsella a comunicación telefónica ou telemática, sempre que sexa posible, para realizar xestións nos distintos servizos municipais.

Os cidadáns poden contactar cos distintos departamentos a través de o 986 60 36 25 ou da sede electrónica.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Covid-19