O ORAL devolverá o importe do recargo dos recibos abonados durante o Estado de Alarma
7/05/2020
O periodo voluntario para o pago das taxas municipais que remataba o 6 de abril, quedou aprazado até novo aviso debido á declaración do estado de alarma.
Por este motivo dende o ORAL informa que as persoas que tiveran aboado as taxas con recargo lles será devolto o importe do recargo. As persoas que desexen realizar o pago agora mesmo sen recargo poden dirixirse ao 886 21 14 00, de luns a venres de 9 a 14 h, solicitando que lle envíen o recibo correspondente co pago ampliado. Tamén se poden aboar as taxas unha vez finalice o estado de alarma.
O Concello de Tui ten delegados no ORAL o cobro do IBI, IVTM, ICIO, IAE, Taxas, multas de tráfico, xestión catastral e executiva.