Acondiconamento da senda peonil e ciclista na Veiga do Louro
A senda peonil e ciclista da Veiga do Louro vai ser acondicionada mellorando a seguridade na mesma e creando zonas de descanso.
O proxecto a executar ascende a 117.276,09 €, financiados con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación. Está xa adxudicado polo que as obras darán comezo en breve.
Actuarase ao longo de quilómetro e medio, dende a intersección coa Ponte Romana até a rotonda situada na PO-404.
O proxecto contempla o acondicionamento da ruta peonil e vía ciclista no marxe esquerdo co obxectivo de acondicionar e mellorar a ruta existente.Substituirase o actual bordillo de separación entre a calzada e a zona peonil e ciclista por un elemento continúo e sen aristas vivas. Amais os pasos de peóns existentes serán substituídos por outros elevados e con iluminación intelixente para facilitar a súa percepción polos vehículos. Amais crearase un novo que facilitará o tránsito cara á praia de Areeiros. Tamén serán colocados redutores de velocidade.
Tamén está prevista a creación de zonas de descanso e sombra. Para iso incrementarase o número e superficie dos alcorques onde se plantará hedra para aportar sombra. Crearase un banco de formigón corrido con superficie de ladrillo cerámico de cor vermello. A zona delimitarase cunha pérgola metálica con iluminación led empotrada nos perfís superiores, para lograr así a iluminación indirecta do lugar.