Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais

Dentro das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui o luns 30 de outubro terá lugar a Visita Sambenitos Inquisitoriais. Sairá ás 20.15h dende a Praza da Inmaculada sendo guiada polo historiador Suso Vila. 

Os Sambenitos penintenciais da Catedral de Tui son pezas únicas en Europa. Estes lenzos sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durnate xeracións. Na actualidade consérvanse no Museo Diocesano formando parte da riqueza da historia social de Tui e dun patrimonio cultural extraordinario. 

Un percorrido nocturno polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas

Undefined

As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Pasan a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día.

Unha visita nocturna polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas

Undefined

As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Dende mañá 1 de outubro pasarán a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día.

Andainas polo Camiño Portugués pola Costa na Eurocidade

Undefined

Esta fin de semana dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade realizaranse dúas andainas, unha o sábado e outra o domingo, polo “Camiño Portugués pola Costa”, no seu percorrido polos municipios de Tui e Valença.

A primeira andaina será este sábado, 30 de setembro, para percorrer á inversa a etapa do Porriño a Tui. A saída será ás 09.00 horas en autobus dende o Centro Interfederado de Tui ata a fronteira coa localidade de O Porriño, para percorrer o Camiño de Santiago ata as inmediacións da vella ponte internacional.

Este sábado terá lugar en Tui o Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”

Undefined

O Centro de Interpretación do Camiño, situado no antigo Convento de San Domingos, será o escenario este sábado, 30 de setembro, do Forum Peregrino “Os Camiños de Santiago en Galicia”, organizado por Iacobus Tui e Baixo Miño, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra.

Forum Peregrino

Os distintos Camiños de Santiago serán os protagonistas do Forom Peregrinos que se vai celebrar o sábado, 30 de setembro, no Centro de Interpretación do Camiño de Santiago no edificio do antigo Convento de San Domingos. Está organizado por Iacobus Tui, xunto co Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra. 

O programa a realizar é o seguinte: 

10:00 h Apertura e presentación

10:15 h Benvida aos assistentes do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e saúdo das autoridades presentes

Presentación do Forum Peregrino que se vai celebrar este sábado en Tui

Undefined

Mañá martes, 26 e setembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Forum Peregrinos que se vai celebrar este sábado 30 de setembro en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da presidenta de Iacobus, Mª Victoria Álvarez, xunto a outros membros do goberno municipal.  

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo