Exposición "A Camelia a flor das galegas e galegos"
Do venres 17 ao luns 27 de abril o Pasoe da Corredoira acollerá a exposición itinerante "A Camelia, a flor das galegas e galegos".
Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.
Do venres 17 ao luns 27 de abril o Pasoe da Corredoira acollerá a exposición itinerante "A Camelia, a flor das galegas e galegos".
Este venres, 17 de novembro, ás 12.00 h terá lugar a inauguración da exposición itinerante ”A camelia a flor das galegas e galegos” no céntrico Paseo da Corredoira tudense. Ao acto de apertura desta exposición asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, membros da Corporación Municipal, representación da Deputación Provincial e de Turismo “Rías Baixas”, xunto á presidenta da Sociedad Española de la Camelia ,SEC, Carmen Salinero, así como membros de Amigos Tudenses de la Camelia, ATUCA, colaboradora neste evento.
O pasado mes de outubro de novo os datos de afluencia de peregrinos polo Camiño Portugués acadan cifras altamente positivas con 10.308 persoas que percorreron esta vía xacobea. Esta número consolida ao Camiño Portugués coma segundo itinerario xacobeo logo do Camiño Francés , que contou con 27.304 peregrinos, e moi por diante do Camiño P. da Costa, con 6.948 peregrinos, ou do Camiño Inglés, que acadou 2.497 peregrinos, que ocupan os seguintes postos en presenza de peregrinos.
A prestixiosa editorial de guías de viaxe, Lonely Planet, acaba de facer pública hai uns días a súa décimo novena selección anual Best in Travel, na que figura o Camiño Portugués a Santiago coma un dos cinco destinos sostibles que recomenda.
A Eurocidade Tui-Valença reivindica a importancia e a historia do Camiño Portugués a Santiago e vaino facer a próxima semana entre o luns 6 e o sábado 11 de novembro cunha peregrinación até Santiago que estará encabezada polo presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Na mesma poderán participar amais 32 persoas, 16 persoas de Tui e outras 16 de Valença, que se no caso de Tui se deberán inscribir á maior brevidade na Oficina Municipal de Turismo ou no correo turismo@tui.gal.
O Concello de Tui recibiu esta pasada fin de semana a un grupo de 15 representantes de axencias de viaxes e touroperadores internacionais especializados no Camiño de Santiago que participarán en Fairway, feira do camiño de Santiago que se celebra en Santiago os días 2, 3 e 4 de novembro. Trátase dun Fam Trip ou viaxe de familiarización destes profesionais turísticos que con esta actividade coñecen de primeira man os recursos turísticos das localidades do Camiño Portugués.
A aposta polas sendas fluviais, os proxectos de humanización executados e os que comezarán en breve, xunto ao traballo realizado para mellorar o entorno urbano e rural foron algúns dos aspectos transmitidos dende o Concello de Tui aos dous membros do xurado de Vilas en Flor que este luns visitaron o municipio.
A promoción turística de Tui como membro da Red de Juderías de España, asociación na que se integrou en 2019, da un paso importante coa posta en marcha por parte da Red do novo portal turístico Caminos de Sefarad. Esta web céntrase na promoción turística do patrimonio xudeu que conservan as cidades pertecentes a este colectivo. Mentres redjuderias.org mantén a súa actividade centrándose na información da actividade da propia Red.
O patrimonio xudeu de Tui formará parte do documental “Caminos de Sefarad, diario de una cicilista” cuxa rodaxe chegou o sábado a Tui. Trátase dunha serie documental que se emitirá en La2 de TVE a próxima primavera.
Un total de 5.322 persoas saíron dende Tui no pasado mes de setembro para realizar o Camiño Portugués de Santiago. Representan o 40% dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron esta vía xacobea. Estes datos da Oficina do Peregrino da Catedral e Santiago, e os aportados pola Oficina Municipal de Turismo de Tui, en setembro confirman a desestacionalización da presenza de visitantes e peregrinos na cidade.