Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Tui agarda bater un novo record na súa San Silvestre superando as 1200 persoas participantes

Undefined

A dez días de que peche a inscrición máis de 600 persoas están xa anotadas na III San Silvestre Solidaria Tudenses que se vai celebrar o martes, 31 de decembro, dende ás 10.30 h.  Por iso dende a organización – Concello de Tui e Atletismo Tui –  agardan que se rexistre un novo record superando as 1200 persoas participantes de 2023. A inscrición está aberta até ás 22 h do domingo, 29 deste mes atletismotui.wordpress.com.

Aberto o prazo de inscrición no curso de Deshabituación Tabáquica

Undefined

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de Deshabituación Tabáquica que organiza o Concello de Tui, a través do departamento de Prevención das Drogodependencias, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono que supón deixar de fumar. No curso poderán participar un máximo de 14 persoas. Vai dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen abandonar o tabaco.

A sesión formativa Alzheimer de preto chega esta semana a Tui

Undefined

A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle este mércores 4 e xoves 5, de 16.30 a 18.30 h, unha sesión formativa sobre Alzheimer e outras demencias. Esta actividade está organizada por FADEAL (Federación Atlántica de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias), co financiamento da Deputación de Pontevedra e en colaboración do Concello de Tui,

Tarde benéfica de música e humor no Teatro Municipal de Tui

O sábado, 16 de novembro, ás 20 h o Teatro Municipal de Tui acolle a Gala Benéfica organizada por Protección Civil de Tui que contará coa actuación do monologuista Damián Alonso e do grupo tudense Toke de Queda. Será a favor de favor de  ACEESCA e Galiclown, Pallasos de Hospital.

O evento abrirase co monólogo  de Damián Alonso, que na presentación explicou que “para mín é unha honra participar nesta gala benéfica” engadindo que “estaremos no medio da xente que traballa coa solidariedade todos os días do ano coma Protección Civil, ACEESCA e Galiclown”.

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O cine nas aulas

Undefined

O cinema coma ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Hoxe mércores tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal dunha película á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, Colexio Maristas Santa María e Seminario Menor San Paio. Esta foi a segunda proxección deste curso.

Tui pon en marcha o programa “Coida o corpo”

Undefined

O Concello de Tui segue apostando pola prevención do deterioro da veciñanza maior de 55 anos en colaboración con Afaga Alzheimer.

Unha vez consolidado o programa preventivo a nivel cognitivo Cultiva a Mente en todas as parroquias do municipio, comézase coa implantación do homólogo a nivel físico Coida o Corpo. Deste xeito, asegúrase a atención e prevención a nivel global dos participantes (tanto a nivel da mente e coma do corpo).

Axuda ás persoas damnificadas pola dina

Undefined

Existen distintas vías para realizar doazóns económicas para colaborar coas persoas damnificadas pola dina. A continuación recóllense algunhas delas. 

Nestes momentos desaconsellase a doazón de produtos materiais ao estar saturado o almacenamento e loxística.

Aquelas persoas ou entidades que realizaron recollida de alimentos poden contactar co Concello de Tui que procederá ao seu traslado ao Banco de Alimentos. 

Tamén cómpre salientar que dada as características e a magnitude das zonas afectadas a axuda será precisa ao longo tempo non só de xeito inmediato. 

En novembro impartirase en Tui un curso gratuíto de “Atención sociosanitaria no domicilio”

Undefined

Tui acollerá no mes de novembro un curso gratuíto de “Atención Sociosanitaria no domicilio” froito da colaboración entre o Concello de Tui e a empresa IDADES.   Celebrarase do 18 ao 29 de novembro en horario de 16.30 a 20.30 h no Centro Municipal de Formación en Guillarei, cun total de 60 horas lectivas. As persoas participantes no curso realizarán prácticas en empresas.

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais

Undefined

O Concello de Tui vén de abrir o prazo para solicitar as bolsas de estudo para ensinanzas musicais correspondentes ao curso 2023-24 no Conservatorio e na Escola de Música de Tui. 

O obxectivo desta convocatoria é facilitar o acceso ás ensinanzas musicais a aquelas familias ou persoas con recursos limitados.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais