Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e o Club Atletismo Tui traballan xa na organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense

9/10/2025

Celebrarase o mércores 31 de decembro, a favor da Asociación Española Contra o Cancro

A organización da IV San Silvestre Solidaria Tudense reuniuse esta mañá para planificar a proba deportiva que se celebrará o mércores 31 de decembro, a partir das 10.30 horas. Agardan superar a cifra de participantes da edición pasada, na que máis de 1.900 persoas celebraron o fin de ano de xeito deportivo, festivo e solidario, sendo as doazóns a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta do Club Atletismo Tui, Cristina Piñeiro, a responsable da AECC do Baixo Miño, Pilar Barbosa, a responsable do departamento de sostenibilidade económica da AECC en Vigo, María Gómez, xunto cos responsables das concellerías de Servizos Sociais e Deportes do Concello de Tui, mantiveron a primeira reunión de planificación do evento, que contará tamén coa colaboración da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Tui, así como co apoio de varias empresas locais.

As inscricións realizaranse a partir do 1 de decembro, a través da páxina web do Club Atletismo Tui, facendo a doazón voluntaria a favor da AECC.

Todas as persoas que participen recibirán unha camiseta conmemorativa, e ao remate da proba, contarán cun avituallamento e chocolatada con rosca, así como con doce uvas, para brindar de forma adiantada polo fin do ano.