Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Anuncio de consulta pública da Ordenanza Reguladora dos Criterios de Adxudicación, Normas de Funcionamento e Utilización das Vivendas Sociais Municipais do Concello de Tui.

13/09/2025
Áreas: 
Servizos Sociais

Trámite de consulta pública da ORDENANZA REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración definitiva do proxecto de Ordenanza REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI; solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:

a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.

c) Os obxectivos da norma.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Portal de Transparencia da Sede Electrónica, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O anuncio será exposto tamén no portal web d o Concello de Tui coa finalidade de darlle maior difusión.

O prazo dos 20 días naturais comezará a computar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no taboleiro municipal de anuncios electrónicos. https://concellotui.sedelectronica.gal/info.23