Este venres comezan as visitas guiadas á Xudería de Tui
Este venres póñense en marcha as visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico de Tui centradas este ano no patrimonio xudeu. Realizaranse os venres, sábados e domingos ás 20 h con saída dende a Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, cun percorrido pola xudería tudense con lugares coma a Sinagoga, a Casa de Salomón, a menorá da Catedral, entre outros elementos. Será conducida polo historiador tudense Suso Vila.