Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Foro do Camiño Portugués

Data: 
25/05/2021
Lugar: 
Aula Cemit e retransmisión en directo

Con carácter mensual celébrase unha conferencia ao abeiro do Foro do Camiño Portugués posto en marcha polo Concello de Tui.

O responsable da apertura deste foro, o martes 20 de abril, foi  Juan Manuel López-Chaves Meléndez, fundador da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo. López Chaves foi, entre outras moitas iniciativas, o organizador en Tui en 1984 do primeiro Encontro do Camiño Portugués e foi o promotor do recoñecemento do Camiño polo Consello de Europa nese mesmo ano 1984, ao aprobar a `recomendación 987´sobre o Camiño Francés, antecedente da declaración do Camiño de Santiago como “primeiro itinerario cultural europeo”. Con esta conferencia de apertura do “Foro do Camiño Portugués” o Concello de Tui quere renderlle un merecido e sinxelo recoñecemento.

A continuación pode verse o vídeo desta primeira conferencia.

A próxima cita será o martes, 25 de maio, a cargo da directora Xeral de Turismo, Nava Castro