Solicitude Participación I Concurso Enmárcate en Tui
Solicitude Participación I Concurso Enmárcate en Tui
O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.
Solicitude Participación I Concurso Enmárcate en Tui
O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.
Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno
O sábado, 17 de agosto, celebrarase o I Concurso de Maxia na rúa – Miñomáxico en Tui, organizado polo Concello de Tui coa colaboración dos magos Samuel Moreno e Javier Argüelles. A cita será no conxunto histórico onde os magos irán actuando cada media hora, e haberá un personaxe que irá conducindo ao público no percorrido dende ás 19.30 h.
Sábado, 17 de agosto de 2019, dende as 19:30 h
Seis magos participarán este sábado, 17 de agosto, no I Concurso de Maxia na rúa – Miñomáxico en Tui, organizado polo Concello de Tui coa colaboración dos magos Samuel Moreno e Javier Argüelles. A cita será no conxunto histórico onde os magos irán actuando cada media hora, e haberá un personaxe que irá conducindo ao público no percorrido dende ás 19.30 h.
O Obradoiro de Emprego Percorre Tui deseñou dúas novas rutas no municipio a dos “Pasos da Auga” e a de “Porta do río Tripes” que poñen en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Para dalas a coñecer o Concello de Tui organiza dúas visitas guiadas gratuítas, o martes 13 e o xoves 22, a cargo do alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do obradoiro Percorre Tui.
A igrexa de San Domingos acollerá este mércores, 7 de agosto, a xornada organizada polo Instituto de Estudos Tudenses titulada “San Domingos: arte e historia”. Colabora nesta actividade o Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral. Esta mañá presentouse esta xornada na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudense, Javier Añoveros.
O mércores, 7 de agosto, celébrase a Xornada sobre San Domingo: arte e historia organizada polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui e Asociación de Amigos da Catedral de Tui. O programa previsto, a celebrar na propia igrexa, é o seguinte.
Alumnado da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do obradoiro de emprego “Percorre Tui” realizaron ao longo desta mañá varias visitas guiadas para os nenos e nenas de 4 a 18 anos que están a participar no campamento inclusivo que dende comezos de mes imparte a Asociación Un Máis. No campamento están a participar 25 nenos e nenas, dos que 13 teñen TEA, xunto a voluntarios e monitores.
O Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués de Santiago”, situado no convento de San Domingos, en pleno trazado do Camiño de Santiago, está novamente aberto ao público.
Alumnos e profesores do Obradoiro de Emprego xunto a técnicos da Oficina de Turismo son os encargados de atender aos visitantes que se acheguen até este punto, podendo realizar tamén aquí o selando a Credencial do Peregrino. O horario de apertura é de luns a venres de 9 a 14 h.
Durante os meses de xullo e agosto hai as seguintes visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui.
Visita á Xudería
Visita ao Museo Diocesano