Este mércores celébrase a Xornada sobre San Domingos: arte e historia
A igrexa de San Domingos acollerá este mércores, 7 de agosto, a xornada organizada polo Instituto de Estudos Tudenses titulada “San Domingos: arte e historia”. Colabora nesta actividade o Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral. Esta mañá presentouse esta xornada na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudense, Javier Añoveros.




