Peonalización do conxunto histórico
O 2 de xuño de 2017, púxose en marcha a primeira fase do Plan de Peonalización do conxunto histórico de Tui. Nesta primeira fase a peonalización aplicouse durante as fins de semana, venres, sábados e domingos.
Ao mesmo tempo comezaron a funcionar as Zonas Verdes de estacionamento para os veciños de intramuros con distintitivo R, e das propias Zonas Verdes con distintivo RE. Están situadas nas rúas Bispo Lago, Ordóñez e Martínez Padín dende o cruzamento co Arrabal, e no Paseo Fluvial, e nas mesmas só poderán aparcar os posuidores dos distintivos R e RE.




