Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui acollerá tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”

2/10/2020

Terán lugar os mércores 14, 21 e 28 deste mes na Área Panorámica. A inscrición pode facerse até o día 12

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa “Cultivando a Igualdade”. Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF. 

O programa “Cultivando Igualdade” ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.

Nos tres Obradoiro traballarase con mulleres na prevención da violencia de xénero,  identificando que é, como se manifesta, como actuar ante ela e fomentando o empoderamento.

Os obradoiros terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de outubro ás 18h a 19.30 h na Área Panorámica de Tui. Celebrarase con grupos reducidos cumprindo todos os protocolos de seguridade establecidos debido á COVID19. 

As mulleres interesadas poden inscribirse até o dia 12 de outubro no correo electrónico igualdade@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49.