Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cuestionario III Plan de Igualdade

06/11/2020
Áreas: 
Igualdade

O Concello de Tui tomou a decisión de elaborar e aprobar o III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes sendo consciente de que a pesar dos importantes avances legais e sociais, a desigualdade estrutural das mulleres precisa ser combatida mediante a implantación de políticas públicas que garantan visibilidade, recoñecemento, servizos e recursos.

Non se trata só de deseñar accións e medidas que compensen esta desigualdade senón que estas teñan en conta tanto as relacións de poder dentro e fora das institucións como a división sexual que aínda perdura en ámbitos como o emprego, os coidados, as tecnoloxías ou os espazos sociais e culturais.

O Concello de Tui quixo que este III Plan contara ca implicación da cidadanía e por elo o documento nace cunha clara vocación participativa que precisa da colaboración de todas e todos. Queremos coñecer de primeira man as necesidades, demandas e opinións respecto da igualdade para poder deseñar as medidas, actividades e accións mais axeitadas.

Pedimos e precisamos a vosa colaboración na recollida de toda a información posible e, dadas as circunstancias, a modalidade online parécenos a fórmula que máis se axusta ao momento excepcional. Esperamos que pronto poidamos celebrar sesións de traballo en grupo presenciais con axentes sociais, económicos e culturais así como con asociacións feministas, veciñais e doutra índole.

Dámosvos as GRAZAS de antemán por participar e responder a este cuestionario anónimo e lembrámosvos que todas as reunións e actividades que se vaian a desenvolver vinculadas á elaboración e implantación do Plan serán comunicadas en tempo e forma pola Concellería de Igualdade.

O cuestionario pódese cubrir en liña, ou imprindo este pdf e presentádoo no departamento de Servizos Sociais, previa cita.