Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alumnado de 4º de ESO asistiu a unha nova proxección do programa “O cine nas aulas”

6/02/2025

O cinema como ferramenta educativa e de traballo é a clave sobre a que hai anos o Concello de Tui leva a cabo o programa “O cine nas aulas”, que cada curso escolar chega ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do municipio.

Esta mañá tivo lugar unha nova proxección no Teatro Municipal de Tui á que asistiu alumnado de 4º de ESO dos IES’s Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio.

Foi a segunda proxección deste curso dirixida a alumnos e alumnas de Secundaria. A través da película elixida traballar valores coma a tenacidade, a lealdade, a bondade; e abordan temas como o maltrato infantil, o abuso de drogas e o VIH. 

Tras a proxección desta mañá o profesorado traballará nas aulas os temas abordados na película a través do material complementario elaborado polo Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, e que servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía. Deste xeito o cine convértese nun recurso de primeira magnitude que permite profundar noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.