Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En febreiro comezan dous cursos de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

19/01/2023

En febreiro comezan dous novos cursos cos que o alumnado participante poder obter os certificados de profesionalidade de "Venda de produtos e servizos turísticos" e "Instalación de elementos de carpintería".

Pódese ampliar a información no Centro Municipal de Formación e Emprego, en Guillarei, no  670 24 56 33  ou no correo cfo@tui.gal.

Curso de  "Instalación de elementos de carpintería"

  • Datas previstas de realización: Do 22_febreiro_2023 ao 11_08_2023. Horario de 15:30 a 20:30
  • 578 horas. 116 días.
  • A formación será presencial no Centro municipal de formación do Concello de Tui
  • As persoas seleccionadas poden solicitar bolsas e/ou axudas por asistencia 
  • Inscrcición na oficina de emprego ou ou AQUI
  • Requisito:
    • Título da ESO; ou certificado de profesionalidade de nivel 2; ou certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 3; (consultar outras opcións de acceso)

Curso de Venda de produtos e servizos turísticos" 

  • Datas previstas de realización: Do 06_febreiro_2023 ao 31_08_2023. Horario de 9:00 a 14:00
  • 688 horas. 138 días.
  • A formación será presencial no Centro municipal de formación do Concello de Tui
  • As persoas seleccionadas poden solicitar bolsas e/ou axudas por asistencia 
  • Inscrcición na oficina de emprego ou AQUÍ
  • Requisitos:
    • ​Título de bacharelato ou Técnico de FP (grao medio); ou certificado de profesionalidade de nivel 3; ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 2; (consultar outras opcións de acceso)