Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Proceso selectivo nomeamento interino operario servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais a tempo parcial e formación lista de reserva

No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do  proceso de selección para nomeamento interino dun operario de servizos diversos e mantemento a tempo parcial para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, os aspirantes dispoñen de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).

Por vez primeira en quince anos Tui ten menos de mil persoas en paro

Undefined

Por primeira vez en quince anos, o número de persoas desempregadas en Tui descendeu por baixo da barreira das 1000, segundo os datos correspondentes ao mes de maio de 2023. En concreto o paro situouse nas 989 persoas o mes pasado, diminuíndo en 98 persoas con respecto a abril. Esta notable redución no desemprego reflicte os esforzos continuos do Concello de Tui para mellorar a empregabilidade dos seus habitantes.

Proceso selectivo contratación peóns horticultura Plan prestación servicios municipais 2023

Realizadas as probas selectivas para a contratación de 10 persoas coma peóns de horticultura e xardinería para o Plan de prestación de servizos municipais 2023, o pasado martes día 30/05/2023 o tribunal publicou as puntuacións do proceso de selección.

Mediante Resolución da Concellaría de persoal en funcións de data 02/06/2023 se require os aspirantes para que presenten a documentación necesaria para a súa contratación., polo prazo de 2 días hábiles

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acada o 46% de insercións laborais en 5 meses

Undefined

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acadou xa o 46% de insercións laborais entre as 100 persoas participantes nos cinco primeiros meses de actividade. Supérase así xa o obxectivo fixado do 45% de inserción ao remate do programa previsto para dentro de seis meses. 

O alcalde de Tui amosou o seu apoio ás persoas traballadoras de Maderas Iglesias

Galego

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hai uns días ao Comité de Empresa de Maderas Iglesias xunto a representantes sindicais da CIG e UGT. Deste xeito o rexedor tudense coñeceu de primeira man a situación pola que atravesa a empresa con sede no Porriño que chegou a ser líder mundial na fabricación de tarimas flotantes. Actualmente a empresa conta con 169 persoas traballadoras das que 14 son de Tui.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui acadou xa a inserción laboral de 41 das 100 persoas participantes

Undefined

Corenta e unha das cen persoas que están a participar no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui lograron a súa inserción laboral dende o mes de xaneiro.

Deste total, once persoas usuarias do Programa Integrado de Emprego e do Servizo de Orientación Laboral do Concello de Tui veñen de ser contratadas pola empresa PEPCO para a nova tenda que abriu hoxe no municipio.  

Dezasete persoas incorporáronse coma traballadores ao Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos

Undefined

O Concello de Tui ven de contratar a 17 persoas a través do Plan Concellos para a activación do emprego da Deputación Provincial de Pontevedra 2023. 

En concreto 14  persoas foron contratadas coma peóns de horticultura e xardinería por un período de 6 meses, unha persoa coma oficial segunda carpinteiro e outra coma oficial segunda fontaneiro, ambos por un período de 9,5  meses, e por último unha auxiliar administrativo para o departamento de Cultura durante 6 meses.

O Centro Municipal de Formación acolle hoxe o proceso de selección do persoal para a nova tenda de PEPCO en Tui

Undefined

O Centro Municipal de Formación, en Guillarei, acolle hoxe luns o proceso de selección do persoal para a nova tenda da empresa PEPCO en Tui. En concreto a cadea internacional de orixe polaca abrirá un novo establecemento de case 800 metros cadrados no Centro Comercial Outlet en Tui logo da Semana Santa.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego