PROCESO SELECTIVO 3 PRAZAS PROFESOR PIANO 30 H/SEMANA LABORAL FIXO CONCURSO
Finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 19/11/2024, nomeuse persoal laboral fixo os 3 aspirantes propostos polo tribunal.
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 19/11/2024, nomeuse persoal laboral fixo os 3 aspirantes propostos polo tribunal.
Finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 28/11/2024, nomeouse persoal laboral fixo ó aspirante proposto polo tribunal.
Finalizado o proceso selectivo mediante Resolución da Alcaldía de data 28/06/2024, se contratou o aspirante proposto polo tribunal como persoal laboral fixo.
A efectos de formación de lista de reserva o tribunal indicará sinalou coma data de realización do sorteo a efectos de establecer a orde da lista de reserva o día 23/07/2024 as 12:00 horas na casa do Concello de Tui, sita en Praza do Concello nº 1 36700 Tui..
Finalizado o prazo de alegacións a valoración de méritos do proceso de selección dunha praza de AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, laboral fixo, presentouse unha alegación, que foi resolta polo tribunal con data 28/06/2024, asignando as puntuacións definitivas, contra a mesma pode interporse recurso de alzada no prazo dun mes.
O Concello de Tui presentou ante a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade a solicitude dun Programa Integrado de Emprego. O investimento previsto ascende a 247.191,01€. De ser concedido desenvolverase durante un ano, con inicio previsto en novembro, para mellorar a empregabilidade dun centenar de mulleres do municipio.
O Concello de Tui presentou á Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia a solicitude dun obradoiro de emprego cunha duración de doce meses e un investimento previsto superior aos 700 mil euros. O obxectivo deste obradoiro será a recuperación da Senda Río Miño Areeiros-Penedo e formaría a vinte persoas coma alumnado-traballador en dúas especialidades Forestal e Madeira.
De ser concedido o Concello de Tui aportaría 183 mil euros e a Xunta de Galicia 526 mil euros.
O Concello de Tui, ten abertos dous procesos para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo de un operario de servizos diversos a tempo parcial, vinculados o programa de execución temporal "Apertura das piscinas municipais tempada verán 2023". A data de realización do exame será o día 11/07/2023 as 09:00 horas exame do proceso do operario de servizos diversos a tempo parcial e as 10:00 horas o exame do proceso de operario de mantemento a tempo completo.
Cecilia Portela, María Cristina Alves, Javier Argüelles e Gema María Fernández son as catro persoas emprendedoras de Tui que participaron dende o mes de abril no primeiro coworking multisede da Deputación de Pontevedra e da Escola de Organización Industrial (EOI), que se desenvolveu en Tui, Vigo e Silleda.
Tui acollerá a partir do mes de outubro un curso de Auxiliar de Almacén con prácticas en empresas froito da colaboración entre o Concello de Tui e a Fundación Érguete-Integración dentro do Programa Emprego Inclusivo financiado pola Deputación de Pontevedra.
No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do proceso de selección para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, o aspirante dispón de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).