Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tres días de actividades na Concentración Cabalar de Telmo

Undefined

Durante tres días celebrarase este ano a tradicional e secular Concentración Cabalar de San Telmo na rúa Loureiro, coincidindo coas festas patronais de San Telmo.  

Esta actividade, que reúne cada ano a miles de persoas, foi gañando nos últimos anos en calidade e seguridade, coma explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salienta a aposta do concello por este evento no que conta coa colaboración de Hípica Marcos e de Equigalia.

Música e teatro na programación do mércores e xoves nas festas de San Telmo

Undefined

Música e teatro centran a proposta da programación para mañá mércores e para este xoves nas festas de San Telmo en Tui, declaradas Interese Turístico Galego.

Mañá mércores a Coral do Centro Sociocomunitario de Tui actuará, ás 16.30 h, na Residencia San Telmo. A música será a protagonista tamén na carpa da Corredoira onde tanto mañá mércores coma o xoves ás 18 h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Amais o xoves ás 19 h fará un pasarrúas Barafunda Animación con “O Globador tolo”.

Curso de Marcha Nórdica

O Concello de Tui  organiza un curso gratuíto de Marcha Nórdica.

Comezará cunha charla informativa o mércores 3 de abril, ás 20.15 horas, na Aula da UNED de Tui. Nesta sesión, na que poderán participar todas as persoas interesadas, ofrecerase información detallada sobre a práctica da Marcha Nórdica, os seus beneficios e as pautas a seguir para participar nas seguintes sesións.

As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego

Undefined

As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego coa transformación iniciada hai uns anos, e continúan coa potenciación dos valores locais. Estas festas, para vivir na rúa, foron presentadas esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras Sonsoles Vicente e Ana Núñez, e os concelleiros Rafael Estévez, Miguel Méndez e Ismael Diz.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes