Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

A Maxia do Nadal en Tui | Programación

 Mercado de Nadal

  • Datas: Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro
  • Lugar: Paseo da Corredoira  
  • Datos: 20 casetas de madeira con produtos propios destas datas coma agasallos, decoración, plantas, artesanía, e gastronomía.
  • Quendas:
    • 1ª quenda: do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2024
    • 2ª quenda: do 13 ao 24 de decembro de 2024
    • 3ª quenda: do 26 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025

Sara Tui, Lara Feijóo, Rodrigo Conde e Matías Otero Premios Deporte Tudense 2024

Undefined

“A liña da vida do deporte tudense” foi o lema baixo o que se celebrou a festa deportiva que recoñece e revive todas as xestas dos deportistas de Tui en multitude de disciplinas nas que a cidade é referencia galega, nacional e internacional.

Ao longo da noite fíxose fincapé na importancia do deporte ao longo da vida dunha persoa, non só a nivel competitivo, senón tamén coma saúde, educación en valores, traballo en equipo…

Urban Trail Night Eurocidade

A oitava edición da Urban Trail Night Eurocidade vaise celebrar o sábado 23 de novembro na Eurocidade Tui-Valença.  Haberá dúas distancias 16 qm e 8 qm. A saída será ás 19.30 h ES dende Valença e a liña de meta estará no Paseo da Corredoira en Tui.

A proba agarda bater record de participación superando as 500 perso h as inscritas. 

A Urban Trail Night tense consolidado polo seu carácter único e diferenciado ao desenvolverse entre dous países, dous conxuntos históricos, cruzando unha ponte internacional e amais pola noite. 

III San Silvestre Tudense Solidaria

O martes, 31 de decembro de 2024, vaise celebrar a III San Silvestre Tudense. Esta proba deportiva e festiva será solidaria coa  Asociación Española contra o Cancro.

A saída será ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira para realizar un percorrido de 4 quilómetros de andar, correr ou realizar marcha nórdica.

O prazo de inscrición será do domingo 1 de decembro ao domingo 29 de decembro en https://clubatletismotui.wordpress.com.

Realizados labores de mantemento nos campos de fútbol municipais Álvarez Durán e A Gándara de Guillarei

Undefined

O Concello de Tui mantén a súa aposta por contar coas instalacións deportivas nas mellores condicións para a práctica deportiva por parte dos distintos equipos. Nesta liña de traballo no día de onte, co apoio da Deputación de Pontevedra, leváronse a cabo os traballos de mantemento nos campos municipais de fútbol de céspede natural do “Álvarez Durán” e “A Gándara” de Guillarei.

A San Silvestre Tudense volverá a realizarse o 31 de decembro a favor da Asociación Española Contra o Cancro

Undefined

Esta maña realizouse a primeira reunión de organización da San Silvestre Tudense 2024, proba solidaria e non competitiva que se celebrará o martes 31 de decembro, que volverá a ter un carácter solidario a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

O concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, a presidenta do Club Atletismo Tui, Cristina Piñeiro, a responsable do Baixo Miño da Asociación Española Contra o Cancro, Pilar Barbosa, xunto a técnicos municipais, mantiveron unha reunión para por en marcha a organización da carreira.

Os mellores bailaríns de España e Portugal disputan en Tui o Trofeo Concello de Tui de baile deportivo

Undefined

Espectacular competición a prevista para esta fin de semana no pavillón municipal Gustavo Rodríguez que reunirá aos mellores bailaríns de España e Portugal. Máis de 500 persoas participarán no Trofeo Concello de Tui de Baile Deportivo que será amais a cuarta proba do Circuíto Ibérico de Baile Deportivo. Está organizada pola Escola de Baile Pasos Galicia, en colaboración co Concello de Tui e as Federacións Española e Galega de Baile Deportivo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes