Mañá preséntase o Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui esta fin de semana
Mañá mércores 18, ás 11.30 horas, nas instalacións do Club Hípico Equigalia, realizarase a presentación do Concurso Nacional de Saltos, campionato que se celebrará esta próxima fin de semana, organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Hípica Galega.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.