Presentación do LIV Descenso Internacional do Miño
Mañá martes, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, terá lugar a presentación do LIV Descenso Internacional do Miño, proba federada que se celebrará o próximo sábado 16 de agosto, con saída a partir das 18.00 horas dende Salvaterra do Miño e chegada nas inmediacións do pantalán dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, organizado polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui, a Federación Galega de Piragüismo, a Comandancia Naval do Miño, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.