Ultreia
O domingo 26 de marzo volverá unir Tui e Pontevedra a marcha Ultreia.
As persoas interesadas poden inscribrise en cronotec.es.
Haberá catro distancias, a Ultreia que será a distancia completa de 52 kms entre Tui e Pontevedra, longa de 40 kms que irá de Tui a Arcade, a media de 33 kms que será entre Tui e Redondela, e a curta de 19 kms entre Tui e o Porriño.
Lembramos que Ultreia é unha marcha/trail de senderismo popular. Na edición de 2022 contou con 356 participantes.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.