Este xoves preséntase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade
Mañá xoves, 22 de xuño, ás 12 h no salón de plenos do Concello de Tui, presentarase o IX Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, que este domingo, 25 de xuño se vai celebrar no Pavillón Municipal Gustavo Rodríguez.
Este evento está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.