Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

42 Regata Miño Internacional

Data: 
14/01/2023
Lugar: 
Tui

Máis de 215 deportistas participarán este sábado, 14 de xaneiro, na edición número 42 da Regata Miño Internacional no río Miño ao seu paso por Tui. A histórica proba, organizada polo Club Remo do Miño en colaboración co Concello de Tui.

15 embarcacións de oito e 24 skulls pertencentes a 6 clubs portugueses e 8 españois tomarán a saída dende Currás, en Tomiño, para coroar a liña de meta ubicada na rúa Olímpicos Tudenses. Neste emprazamento tamén terá lugar o outro acto destacado da mañá do sábado cando, preto das 12.30 h, terá lugar o nomeamento do Centro Municipal de Remo en homenaxe a José Luis Méndez, figura clave do remo en Tui.