Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

As instalacións deportivas municipais de Tui pechan ante a situación epidemiolóxica

Undefined

O Concello de Tui acordou esta mañá pechar as instalacións deportivas municipais ante a situación epidemiolóxica no municipio e as últimas medidas adoptadas pola Xunta que suspende toda a competición deportiva federada autonómica.

Deste xeito todas as instalacións municipais, pavillóns deportivos, campos de fútbol, centro municipal de piragüismo e de remo, centro interfederado, e pistas de tenis de Areas permanecerán pechadas dende hoxe e até novo aviso.

Condolencias polo pasamento de José Luís Méndez

Undefined

O concello de Tui amosa as súas condolencias polo pasamento esta fin de semana de José Luís Méndez. Un home clave no remo en Tui pero tamén a nivel galego. Na actualidade era o presidente de honra do Club Remo do Miño, do que foi un dos fundadores en 1974 e adestrador ao longo de varias temporadas.  Na Gala do Deporte Tudense de 2018 foi un dos homenaxeados recoñecendo o seu labor coma un promotores do remo en Tui nos seus inicios.

O Concello de Tui instala un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol de Guillarei

Undefined

Dende o día de onte, o Campo Municipal de Fútbol de Guillarei conta cun desfibrilador semiautomático externo, que dará seguridade aos deportistas usuarios da instalación ante os posibles riscos cardíacos que se poidan producir durante a práctica deportiva.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente do Club de Fútbol de Guillarei, Manuel Rodríguez, estiveron presentes durante a instalación do desfibrilador na instalación, e remataron a coordinación do curso certificado que o 061, a través do médico Rosendo Bugarín, impartirá a seis directivos do club local.

A Selección Uruguaia de Remo rematou en Tui a súa concentración para preparar a regata clasificatoria para Tokio 2021

Undefined

A Selección Uruguaia de Remo rematou hai uns días a súa concentración en Tui, onde estiveron dende o pasado mes de agosto no CETD de Remo de Tui. Previa á viaxe ao seu país de orixe foron despedidos polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, desexándolles moitos éxitos nas súas carreiras deportivas. 

Recepción no Concello de Tui a David Fernández, Campión de España de Junior de BTT Enduro

Undefined

Mañá venres, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, se realizará a recepción ao deportista tudense David Fernández Pérez, actual Campión de España Junior de BTT Enduro, éxito acadado no Campionato de España de Enduro BTT, celebrado en Castejón de SOS, o día 13 de setembro. Tamén asistirá André Martínez, deportista tudense que participou no Campionato de España de BTT DH, o pasado fin de semana en Granada.

Presentación do Campionato de España de Radio Control Térmico

Undefined

Mañá xoves, 3 de setembro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España de Radio Control Térmico, que se celebrará no Río Miño, este sábado 5 e domingo 6 de setembro. Está organizado pola Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui.

As instalación municipais de tenis en Areas contan agora con tres pistas dobres

Undefined

Está mañá tivo lugar a reapertura oficial das pistas municipais de Tenis situadas en Areas tras as obras de remodelación realizadas, que supuxeron un investimento de 53.095,22€ con cargo ao Plan Concellos. 
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que con esta actuación dáse cumprimento a unha vella demanda do Club Tenis Tui en canto á mellora das instalacións. Avanzou tamén que o gran reto de cara ao futuro é a execución dunha área multideporte nun emprazamento axeitado. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes