O público aplaudiu a segunda edición do FIAR na Eurocidade Tui-Valença
Consolidación xa na súa segunda edición do FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, que se celebrou o venres 22, o sábado 23 e o domingo 24 de xullo. Foron tres intensas xornadas nas que as rúas e prazas de Valença e Tui se encheron de música, humor, danza, maxia… e dos aplausos do público. Consolidación tamén do festival tanto pola acollida por parte do público como pola calidade dos espectáculos programados.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.