A Biblioteca Municipal fixo entrega dos alimentos recollidos no Mercadiño Solidario de Libros
O pasado xoves, 5 de xaneiro, tivo lugar a entrega dos alimentos recollidos no Mercadiño Solidario de Libros organizado ao longo do mes de decembro pola Biblioteca Municipal de Tui.
Persoas voluntarias da Asociación Asistencia SOS Tomiño Baixo Miño e a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais achegáronse ata a Biblioteca Municipal, para recoller os alimentos que foron entregados polos usuarios e usuarias deste centro bibliotecario.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.