IKFEM 2023
Do 20 ao 25 de xullo celébrase na Eurocidade Tui-Valença o IKFEM 2023.
O festival brindará 12 concertos de entrada libre nos que destaca o de apertura cun piano flotante no río, ou a celebración dos 70 anos de carreira de António Victorino d’ Almeida, haberá unha estrea mundial e participarán artistas residentes da Fundación Alqvimia Musicae con música e videocreación. Amais volverá a celebrarse o Balcón do IKFEM e coma novidade o venres 21 na vella Ponte Internacional terá lugar o IKFEM Creativa.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.