Documentación para a instalación de postos / atraccións nas Festas Patronais de San Telmo 2022
Solicitude de permiso para a instalación de postos / atraccións nas Festas Patronais de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Solicitude de permiso para a instalación de postos / atraccións nas Festas Patronais de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.
A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España. Unha proposta educativa na que colabora o concello de Tui a través da concellería de Ensino e Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente Solla.
Sarabela Teatro presenta este venres, 18 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal, “A Lingua das Bolboretas”, unha montaxe pola que recibiron catro Premios María Casares 2021 ao Mellor Espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro).
Gonçalo Guerreiro é o responsable da dirección e dramaturxia desta montaxe teatral. Sobre o escenario estará un elenco de seis actores: Fernando Dacosta, Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
Esta xa habilitado na web municipal un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.
Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.
Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria.
O vindeiro luns, 14 de marzo, terá lugar a presentación da novela da escritora tudense, Sara González Piña, titulada “Pangea” que foi recentemente publicada pola editorial “Círculo Rojo”. Este acto está organizado pola Biblioteca Pública municipal de Tui. Comezará ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Area Panorámica) con entrada libre.
No acto de presentación contarase coa presenza da autora que estará acompañada da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, e do técnico da biblioteca municipal tudense, Rafael Sánchez Bargiela.
O luns, 14 de marzo, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez, antiga Área Panorámica, presentarase a novela "Pangea" da tudense Sara G. Piña editado por Círculo Rojo.
O avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas presenta mañá xoves, día 10 de marzo, en Tui o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20.00 h no Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica) e nel invervirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e Manuel Vázquez de la Cruz, membro da asociación Levada Libre.
A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.
“No país do vento” é o título do espectáculo musical que este venres, ás 19 h, chega ao Teatro Municipal de Tui con Charo Pita. Cunha duración de 55 minutos “No país do vento” é un concerto para público familiar, recomendado a partir dos 3 anos, no que as cancións e as historias se mesturan achegándonos aos personaxes que habitan este país: unha científica incorrixible e algo poeta, noivas, donas, magas bruxas e tolas, unha familia de papaventos, un corazón que viaxa nunha cáscara de noz, unha xirafa e unha araña, o pato Simón…
Diante do desastre humanitario que significa o éxodo masivo de cidadáns ucraínos fuxindo da guerra e a destrución provocadas pola invasión rusa do seu país, o Concello de Tui mantivo hoxe unha primeira reunión para coordinar dende a institución municipal a axuda local á poboación ucraína.
O Concello de Tui respondendo a solicitude realizada dende a FEGMP ten posto a disposición as dez vivendas municipais que están baleiras en Caldelas. Amais dende o Concello, faise un chamamento á poboación que poida contar con vivendas baleiras para alugar que comuniquen a súa disposición.