Cultura no Camiño

Dobre proposta para a fin de semana do 25 de xullo en Tui dentro da programación cultural do verán e formando parte da 14ª edición do programa Cultura no Camiño.
O sábado 25 de xullo, ás 20.30 h, na igrexa de San Domingos, con entrada libre, estará en concerto Doa Dúo. Susana de Lorenzo (voz, harmonium, percusión) e Xoán Piñón (guitarra acústica / eléctrica) conforman este grupo referente en Galicia, pioneiro xa dende á década dos 80. O seu folk de vangarda integra tendencias musicais diversas nas súas composicións e arranxos da música popular (de Galicia e outros países) dun xeito persoal e heterodoxo. Estas características imprimen ao grupo unas formas musicais propias que irán conformando o seu estilo en anos sucesivos. O seu repertorio céntrase na lírica medieval galego-portuguesa, pola que apostou xa fai máis de 40 anos: Martín Códax, Pero Meogo, Mendinho, Alfonso X O Sabio… DOA actuou por toda Galiza así como en Estados Unidos e Canadá.
O domingo 26 de xullo, tamén ás 20.00 h, na Alameda de San Domingos chega o espectáculo "Sofá" da man de Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro. Trátase dunha peza que mestura teatro, danza e acrobacia, que fala das relacións de parella nesta época que nos tocou vivir desde a súa experiencia. Unha obra fresca, viva e tensa e con moito humor, desenvolvida no seu salón da casa, arredor do sofá. Traballando a través do contacto físico e emocional, grazas á singular percepción do movemento da Cía Sharon Fridman, SOFÁ é unha aposta pola linguaxe do tacto, a beleza do particular e a capacidade do baile para elevar o cotián ao sublime.




