Daniel Rodríguez con “Transeúnte”
O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres, 21 de febreiro, ás 21 h, a estrea de "Transeúnte" de Daniel Rodríguez. Un espectáculo no que estarán en escena catro bailaríns - Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez, e Daniel Rodríguez - e dous músicos en directo - Aida Tarrío de Tanxugueiras e Artur Puga de Mondra.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.