A Biblioteca Municipal dedica o Día das Escritoras a Emilia Rosende
A Biblioteca Pública Municipal tudense, na súa programación deste mes de outubro, celebra o “Día das escritoras” este mércores 16 de outubro ás 19.30 h. Será cun acto en torno á figura da poeta tudense Emilia Rosende que contará coa presenza da propia autora.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.