Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal de Tui acolleu a gala de entrega de premios Cidade de Tui 2025

24/04/2025

A V Gala entrega de Premios Cidade de Tui 2025, organizada polo Concello de Tui, tivo lugar o pasado sábado no Teatro Municipal de Tui.

Os galardoados este ano foron na categoría individual premio ex aequo para os irmáns Manuel e María Teresa 'Marita' Vázquez de la Cruz. Na categoría colectiva o galardón foi para Tuy Salceda Asociación Mutual, Cultural y Recreativa de Bos Aires.

Amais Javier Añoveros Trias de Bes, Javier Sánchez de Dios, e Xosé Martínez Tato recibiron un recoñecemento de forma póstuma.

Interviron ao longo da gala Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, e Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura.

Abriu a gala a Banda de Gaitas de Paramos interpretando Marcha do Matos e Pedáneo e no peche o Himno Galego.